Últimas Noticias

Aula de verán. MONK, plataforma de avaliación e detección de dificultades no alumando (gratuíta)

Dentro do programa Aula de verán incluímos un webinario gratuíto o 3 de xullo, de 11:00h a 12:00h, para presentarvos a plataforma MONK, unha ferramenta competencial deseñada por Sercaman en colaboración con catro universidades españolas que avalía, en só 30 minutos, a alumnos e alumnas e que detecta as altas capacidades así como diversas dificultades como dislexia e discalculia. Ademais, tamén avalía o pensamento computacional e mide a competencia matemática e a lectora. Os docentes obterán unha estatística xeral da situación educativa da súa clase cos percentís de cada alumno/a e a súa comparación co resto.

Seguir lendo

Aula de verán: Tramitación dun procedemento corrector e Coñece o convenio colectivo

Información detallada de dúas propostas formativas relacionadas co ámbito administrativo-xurídico que se inclúen na nosa Aula de Verán. Trátase de dúas sesións dirixidas, sobre todo, a membros de equipos directivos, a persoal administrativo, titores e coordinadores/as de departamentos, e a calquera persoa interesada nestes temas que afectan á boa organización e xestión dos centros educativos.

Tramitación dun procedemento corrector
Data: 27 de xuño  –  horario: de 10:00h a 13:00h.
Docente: Belén Costa,  asesora de Escolas Católicas de Galicia

Coñece o convenio colectivo
Data: 3 de xullo  –  horario: de 10:00h a 14:00h.
Docente: Iván Hodar, asesor xurídico de Escolas Católicas Nacional.

Seguir lendo

Aula de verán: como levo á práctica un plan de convivencia eficaz no meu centro educativo?

O departamento de Innovación Pedagóxica en colaboración con Silenole, organización dedicada á prevención do bullyng e á mellora da convivencia nos centros educativos, ofrécevos este obradoiro práctico, o 2 de xullo de 10:00h a 15:00h, centrado nesta temática que é unha prioridade absoluta para todos os centros educativos de Escolas Católicas. Prevención, detección, tratamento e seguimento son os puntos clave nos que se vai centrar Juan Muzquiz, fundador de Silenole. Este obradoiro está dirixido a membros de equipos directivos, a coordinadores/as de orientación e de benestar, a titores e, en xeral, a todos os docentes pois a mellora da convivencia a a prevención da violencia dun centro educativo é cousa de todos.

Seguir lendo

Aula de verán: I Encontro da Educación Innovadora

Este  evento incluído na Aula de Verán que organizamos desde o departamento de Innovación Pedagóxica en colaboración co Instituto Ben Pensante, entidade que leva máis de 20 anos dedicada ao coaching educativo. Trátase dun encontro de 8 horas, onde se combinan conferencias e talleres prácticos, que terá lugar o día 1 de xullo na Aula de Audiovisuais do Colexio La Salle de Santiago de Compostela.

Os eixes centrais deste encontro serán a creatividade, a clase como comunidade coooperativa, a xestión das emocións para evitar os conflitos na aula, o diálogo con pais/nais e mais o pensamento crítico e a motivación. Para isto contaremos con tres docentes, con ampla traxectoria neste eido, que forman parte do Instituto Ben Pensante.

Seguir lendo

Rec. Curta en Cans

Tras asistir á Mesa Proxecta: “Programadores de festivais: anxos ou demos?” con Suso Novás, Ana David e Andrea Franco, o alumnado viu proxectadas as curtas gañadoras do Rec.curta 2024: “Compaña”, de Franciscanos de Lugo; “Que é o que pasa cando te achegas”, do Divino Maestro de Lugo e “Autómata”, do colexio Escolapios de Monforte.

Máis información

 

 

Letras Galegas 2024. “A Coruña de Villalta”

Vídeo elaborado polos EDLG de Escolas Católicas da provincia da  Coruña

Plan formativo curso 23-24

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

 

 

Colaboracións coa CIEC

Entre os numerosos colaboradores de Escolas Católicas de Galicia encóntrase a Confederación interamericana de Educación Católica integrada, na actualidade por 23 países agrupados administrativamente en cinco rexións correspondentes a Norte, Caribe, Centroamérica, Andina e Sur. Podedes coñecer máis datos sobre esta institución e as súas actividades en http://ciec.edu.co

Neste web colgaremos novas relacionadas coa educación, e información de interese para as nosas escolas así como algúns dos vídeos e mensaxes elaboradas polo secretario actual da organización Óscar Pérez Sayago.

Seguir lendo

As nosas Cifras

37.202

Ed. Infantil + Ed. Primaria

17.159

E.S.O.

4.854

Bacharelato + FP

5.275

Traballadores

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante